|
que buscar?
/ revista R


a tele R, a tele que vén

O panorama audiovisual está a cambiar a pasos de xigante. A televisión vénse fragmentado, diversificando e complicando dende hai tempo, sobre todo no xeito de acceder aos contidos que nos ofrece.

E en ocasións xa non sabemos exactamente se imos necesitar un dispositivo diferente para gozar de cada novo contido, se haberá que pagar por todo o que queiramos ver, se a nosa tele (comprada onte) servirá pasadomañá ou se se van fusionar todas as cadeas xeneralistas. Sobre todo agora, ás portas do apagón analóxico, queremos orientarche un pouco e que saibas cales son as túas mellores bazas para poder facer algo tan sinxelo como ver a tele.

Como sabes, a televisión “de pago” en TDT irrompeu no noso país hai poucos meses da man de Gol TV. Este novo modelo de televisión dixital terrestre esixe tamén un novo descodificador (non serve o que moitos usuarios adquiriron para adaptarse á chegada da TDT en aberto e ao apagamento analóxico que xa está aí) e, polo momento, o aparello en cuestión só é útil para ver esa canle de contidos deportivos.

Fronte a isto, os subscritores de plataformas de televisión multicanle (coma ti, con R, se es cliente de combo2 ou comboR) unicamente vos tedes que preocupar de contratar o servizo, que sempre ofrece un paquete de contidos específicos e outros moitos á carta en función do que cada un desexe comprar. É unha das vantaxes dun servizo coma o de R, porque evita mercar decodificadores ou tarxetas raras para poder ver os novos produtos audiovisuais que se asoman aos nosos televisores. Ademais de levar ao teu fogar todos os contidos gratuítos, a rede de fibra óptica de R garánteche o acceso a outros que che poidan interesar sen necesidade de pensar en novos aparellos, conexións ou cables.

Convén, neste intre de cambios na televisión que están acontecendo, repasar as posibilidades da televisión multicanle de R: máis de 80 canles con contidos exclusivos (informativos, deportes, cine, infantís, documentais, entretemento...), calidade de imaxe e son dixitais por fibra óptica (ao contrario do que sucede coa televisión por ADSL, sen compartir o ancho de banda coa conexión á rede porque se poden utilizar internet e televisión simultaneamente sen perder calidade; e ademais, sen antenas nin interferencias), evolución continua da guía electrónica avanzada de programación (EPG) e cada vez maior interactividade cun único mando preparado para os novos servizos dixitais que están por vir (o mando universal de R váleche para o descodificador, a televisión e o DVD (ou o VCR) dáche acceso directo ao menú, á guía de canles –de televisión, de audio dixital e de pago por visión– á miniguía e ás preferencias... e ademais permíteche navegar directamente entre canles ou con teclas direccionais).

Vimos precisamente de mellorar recentemente a EPG para que a través dela dispoñades aínda de máis información sobre os contidos da vosa tele: consulta dos programas de cine e deportes que tedes no día e nos dous seguintes, eventos en pago por visión, clasificación de contidos por temáticas na sección de “destacados”, sinopses máis completas e detalladas... E máis funcionalidades que descubrirás de contado. E continuamos a traballar para incluír tamén na nova canle R (dial 100) outros servizos como información sobre o tempo, noticias, resultados deportivos, da lotería, etc.

televisión R

E outra cousa: a televisión dixital de R tamén fai posible conectar directamente un descodificador a un “home cinema” e ten capacidade para emitir a televisión de alta definición HDTV (imaxe e son con calidade de cine).

os servizos audiovisuais máis avanzados_ O certo é que o futuro inmediato do audiovisual amosa interrogantes. Por exemplo, nós seguimos a traballar en servizos avanzados como o gravador de vídeo persoal (PRV) e o vídeo baixo demanda (VoD): a idea é que co PVR poidas almacenar no teu desco horas de vídeo tanto procedentes da televisión como do acceso a internet de alta velocidade de R ou mesmo do teu pc. O VoD, pola súa banda, permitirache ver cando queiras calquera contido de vídeo ou audio, acceder a unha listaxe de títulos (películas, informativos, documentais...) para dispoñer deles de maneira inmediata, deter e rebobinar as proxeccións ou acceder a cursos multimedia de calidade e mesmo escoller os contidos dos informativos adaptándoos ás túas preferencias.

Ademais, estamos pensando noutros servizos como o envío de mensaxes dunha televisión a outra, xogos de todo tipo e diversas aplicacións interactivas que iremos deseñando xuntos.

Sen dúbida, a clave está na converxencia de servizos e desta volta tamén estamos a facer probas para que poidas ver as canles de televisión R que teñas contratadas a través de internet. Ou sexa, que estás de vacacións en Tokio e queres gozar do último capítulo de La Señora: pois só terás que entrar en [http://videos. mundo-R.com] e xa vas directiño. Oxalá que puidesemos ir máis rápido pero bueno, ao longo deste novo ano traballaremos arreo para ter dispoñibles canto antes todos estes proxectos. Sen esquecer as posibilidades do móbil, claro, que tamén podería ser unha opción para ver a nosa tele dende calquera lugar do mundo. Coa televisión dixital de R todo chegará, diso non teñas dúbida. Sobre o futuro da tele e a converxencia coa rede ou cos dispositivos móbiles: [http://tinyurl.com/tucho56].

para mercar un televisor ben equipado

A idea é rendibilizar o teu investimento en equipos e que non te voltes tolo con tanta tecnoloxía cambiante. Por iso, como cada vez é máis difícil aclararse no mercado entre tantos tipos de televisores e aparellos e vendo que o apagón analóxico xa é unha realidade, recomendámosche que a túa nova tele estea dotada de:

_un sintonizador de alta definición
_portos USB
_rañura CAM
_un bo servizo de guía electrónica de programación (EPG) compatible co modelo, claro.


E se ademais a nova tele dispón de disco duro interno e de dobre sintonizador de alta definición, mellor que mellor, aínda que desta volta, lóxico, terás que pagar máis polo aparello.