na rede co desco da tele
Ademais do cablemódem, o desco da televisión R xa che permite conectarte á rede na túa casa.
Seguro que cada vez tes na casa máis aparellos que poden conectarse a Internet e a todo tipo de servizos ‘online’. E é probable tamén que teñas instalados moitos destes novos “usuarios da rede” no teu salón, coma é o caso do dispositivo para ver películas e fotos na tele, a consola de xogos ou mesmo o propio televisor.
E como queremos facilitarche un anaco as cousas e que dispoñas dunha tecnoloxía máis sinxela e accesible, en R vimos de desenvolver un novo servizo gratuíto para os clientes con combo R. Se es un deles, poderás navegar con calquera equipo que conectes á toma Ethernet situada na parte traseira do decodificador da televisión dixital de R.
ti elixes a velocidade_Ou sexa, que con esta solución disporás de dúas conexións a internet no teu fogar: unha no desco da tele e a outra, a de sempre, no cablemódem. O servizo permitirache activar a conexión de rede do decodificador de R (toma Ethernet) e proporcionarlle, desta maneira, unha parte da velocidade que tes contratada: ou ben 1 mega/ 200 Kb, ou ben 5 megas/ 300 Kb; ti decides en función do uso que lle queiras dar a ese acceso. Por exemplo, se o que che interesa é conectar a túa consola para xogar en liña ou utilizar os servizos ‘online’ do televisor terías dabondo coa opción de 1 mega/200 Kb. Pero se estás a pensar en conectar un dispositivo máis complexo, un ordenador ou gozar de ‘streaming’ de vídeos en alta definición, entón precisas asignarlle ao desco unha velocidade de 5 megas/ 300 Kb.
na web de clientes_Para dispoñer do servizo só tes que entrar na web de clientes e, na solapa ‘os meus servizos’, acceder ao menú ‘Internet no desco’ e seguir as instrucións que se che indican. Cando o teñas listo só cómpre que configures o teu dispositivo (consola, tv, mediacenter, pc...) para que adquira unha dirección IP de xeito automático. Logo conéctao cun cable RJ45 á boca Ethernet da parte traseira do decodificador e xa estás preparado.
Ademais, dende a web de clientes tamén poderás cambiar a túa opción de velocidade ou desactivar e activar o servizo cantas veces queiras. Como ves, un xeito ben sinxelo de lle dar “vida online” aos equipos do teu fogar.
|
|