multiplícate x2, máis móbil polo mesmo prezo
Os clientes de móbilR tedes xa, dende o 1 de marzo, o dobre de megas nos vosos plans de datos e o dobre de SMS nas vosas tarifas planas… e descontos nos excesos.
E ademais, esta é unha desas vantaxes que vos podemos aplicar de xeito automático (a diferencia doutras que requiren da vosa autorización expresa, coma sucede por exemplo, coas melloras dos novos combos).

Ao mellor sodes dos que tiñan só un plan de internet móbil, sen chamadas; nese caso tamén melloramos as velocidades:
- 500MB (en vez dos anteriores 250MB), dende 5 €/mes+IVE
- 2GB (en vez do anterior 1GB), dende 9 €/mes+IVE
- 5GB (no canto dos anteriores 3GB) por 25 €/mes+IVE
- 10GB (fronte aos 5GB de antes) por 39 €/mes+IVE
Con R podedes estar tranquilos porque, como vedes, estamos atentos para mellorar os prezos cando hai oportunidade.